1.- OBXECTO:
O obxecto deste sorteo é fomentar a participación de todas aquelas persoas que asistan ao evento VIII Ares Indiano para que asistan caracterizadas como indianos e indianas.
A actividade obxecto de participación consistirá en asistir caracterizado/a de indiano/a
2.- PROCEDEMENTO:
As persoas interesadas en participar, de calquera rango de idade, deberán achegarse caracterizadas á Praza da Constitución o domingo 24 de agosto ás 17:50 h.
Alí a organización realizará a inscrición das persoas interesadas en participar na actividade. Cada persoa inscrita desfilará a partires das 18:. H polo escenario ubicado na Praza da Constitución diante dun xurado composto por unha persoa representante da organización do VIII Ares Indiano e por Beatriz Sieira, modista profesional especializada en traxes de época.
O xurado, á hora de elixir persoas gañadoras, valorará os seguintes puntos :
a.- Orixinalidade
b.- Representatividade histórica
c.- Confección
3.- PREMIOS
Existen 5 premios :
A- ADULTOS ( 15 anos en adiante ) :
-Categoría femenina
-Categoría masculina
B- INFANTIL ( ata 14 anos ):
-Categoría femenina
-Categoría masculina
C- GRUPOS: máis de 6 membros de calquera idade
As persoas participantes na categoría adultos que resulten gañadoras recibirán un premio de 50 € en metálico ( agás o grupo que recibirá un premio de 100 € ) .
As persoas participantes na categoría infantil que resultan gañadoras recibirá unha caixa de agasallos.
4.- AUTORIZACION TRATAMENTO DE DATOS E IMAXE
O concello de Ares como responsable do tratamento, informa de que os datos que nos faciliten voluntariamente en relación coa participación neste concurso, serán tratados coa finalidade de participar e entregar os premios do da actividade AMOSA O TEU TRAXE: vestimenta indiana 2025, estando lexitimado para iso polo consentimento que os participantes expresamente nos outorgan coa inscrición na mesma.
Os datos e imaxes recompilados serán tratados única e exclusivamente coa citada finalidade e non serán cedidos ou comunicados a terceiros, agás o nome das persoas gañadoras que poderán ser expostos na web e redes sociais do Concello e de Ares Indiano.
Os datos persoais das persoas participantes destruiránse unha vez rematado o concurso.
Todas as persoas participantes teñen dereito a solicitar, en calquera momento, o acceso, rectificación, cancelación ou supresión, oposición ou a limitación do seu tratamento ou cancelación de datos. Eses dereitos poderá exercerlos mediante solicitude, remitida ao Concello de Ares. Asimesmo, teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Agencia Española de Protección de Datos (AEPD).
CONTACTO : 981 448057 // aresindiano@concellodeares.com
Ares, agosto de 2025