Na Cerna do Son, una fusión de danza, música y poesía para rendir homenaje a las personas migrantes

Comparte esta nota de prensa

• El próximo 13 de diciembre a las 19:30 horas en el Casino Aresano, el grupo actoral de Gallaecia Eventos representará esta obra que narra un viaje que comienza en territorio gallego, cruza el Océano Atlántico y regresa a Galicia.
• El acto tendrá entrada libre y está promovido por la Concejalía de Cultura, en colaboración con la Diputación de A Coruña y el propio Casino Aresano.

 

Con cancións latinoamericanas e composicións que abordan o fenómeno migratorio, o espectáculo Na cerna do Son chegará a Ares para narrar unha viaxe que comeza en Galicia, percorre Latinoamérica e regresa de volta á terra galega.

O evento, organizado pola Concellaría de Cultura coa colaboración da Deputación da Coruña e do Casino Aresano, promoverase nas instalacións do propio Casino o sábado, 13 de decembro a partir das 19:30 horas e mesturará danza, música e poesía cun obxectivo: camiñar cara o corazón da música tradicional galega namentres se fai unha homenaxe ás persoas migrantes que marcharon para procurar unhas mellores condicións de vida.

Boleros, tangos ou salsas mesturaranse con cantos de traballo, alalás e melodías tradicionais anónimas, amais de elementos musicais que proceden do jazz, da balada ou do funky, facendo que Na Cerna do Son se caracterice pola súa multidisciplinaridade.

Cristian Leggiero ao piano, Paty Lesta como cantante, Moisés Fernández no caixón flamenco, Ricardo Fernández como bailarín, Luis Iglesias exercendo de narrador e Iván Villar na dirección escénica encargaranse desta viaxe emocional alén mar. Non dubides en acudir!

 

 

Pódeche interesar