A vista da notificación que da traslado a esta Alcaldía da proposta de data 02/07/2026 de nomeamento efectuada polo tribunal cualificador designado para a selección dunha praza de Oficial de Primeira Nave Almacén incluída na Oferta Pública de Emprego do ano 2025 do Concello de Ares, de conformidade coas bases da convocatoria aprobadas pola Xunta Local de Goberno do día 02/03/2026 e publicadas no BOP nº 51 de data 17/03/2026, xunto coa convocatoria efectuada no BOE núm 82 de data 03/04/2026.

Publicada a relación de aprobados, a persoa aspirante aprobada (D. José Ángel Chaparro Fernández con DIN ***5717**) presentou en data 09/07/2026 rexistro de entrada 3085, a documentación requerida na Base 10ª da convocatoria aos efectos de acreditar as condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria, con carácter previo á formalización do seu nomeamento como persoal laboral Oficial de 1ª Nave Almacén.

Esta Alcaldía en uso das súas competencias, e mais concretamente segundo o establecido no Artigo 21.g) da Lei 7/1985 do 2 de abril Reguladora de Bases do Réxime Local, e segundo a Base Décima da convocatoria do proceso selectivo convocados polo concello de Ares para cubrir a praza aludida (Relación de persoas aprobadas, acreditación dos requisitos esixidos e formalización de contrato)

RESOLVE:

Primeiro.- Acórdase Nomear Oficial de 1ª Nave Almacén persoal laboral fixo do Concello de Ares á seguinte persoa por aprobar o proceso selectivo convocado:

APELIDOS E NOME NIF DENOMINACIÓN DA PRAZA GRUPO SUBGRUPO
Chaparro Fernández, José Ángel ***5717** Oficial de 1ª Nave Almacén C C1

 

Segundo.- De acordo coas Bases da convocatoria, o presente acordo publicarase no taboleiro de edictos electrónico do Concello de Ares e a efectos informativos na web municipal, así como no BOP e no DOG.

Terceiro.- Dar conta ao Pleno na primeira sesión que celebre

Cuarto.-. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, perante a xurisdición Contencioso-Administrativa segundo o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición Contencioso-Administrativa ou, con carácter previo e potestativo, recurso de reposición perante o alcalde presidente do Concello de Ares no prazo dun mes, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

Así o acorda e dispón o Sr. Alcalde-Presidente D. Julio Ignacio Iglesias Redondo, en Ares á data da sinatura electrónica do que eu como Secretario dou fe.

O ALCALDE                                                                                                                            D.S.M.
O SECRETARIO

DECRETO en pdf