Vixencia do PEF : 2025/2026 – Resolución da Liquidación de data : 03/04/2025
Resultado : Incumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria. Xustificación : Utilización do Remanente Líquido de Tesourería para Gastos Xerais e oper. Préstamo obra emerxencia-convenio Concello de Ares-Augas de Galicia.
Órgano competente : Pleno da Corporación.
Por resolución da alcaldía de data 03/04/2025 número 2025/0299, foi aprobada a Liquidación do Orzamento do ano 2024 co seguinte resultado :
- Cumprimento obxectivo da regra de gasto : Importe : -178.357,91 % incremento gasto computable 24/23 : 4,98
- Cumprimento obxectivo estabilidade orzamentaria: Capac/Nec. Financ : -1.108.827,99
De acordo co previsto no artigo 21 da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade Financeira, procede a aprobación dun Plan Económico Financeiro que conterá como mínimo a seguinte información :
- Causas do incumprimento da regra de
- Causas do incumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria.
- Previsións tendenciais de gastos e ingresos baixo o susposto de que non se producen cambios nas políticas fiscais e de
- Descrición, cuantificación e calendario de aplicación das medidas de que parte o plan, en consonancia co informe que acompaña á fixación dos obxectivos de estabilidade e débeda pública.
- Unha análise de sensibilidade considerando escenarios
Á vista dos antecedentes fórmase a proposta de Plan Económico Financeiro SEN MEDIDAS que equilibra a situación coxuntural xerada no ano 2024.
Expte.: 112/2025 INFORME DE SECRETARÍA
Asunto : Proposta de Plan Ecnómico Financeiro sen medidas tras a aprobación da liquidación do exercicio 2024.
Lexislación aplicable : Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade Financeira; real Decreto 1463/2007, de 2 de novembro polo que se aproba o desenvolvemento da Lei 18/2001, de 12 de decembro Xeral de Estabilidade Orzamentaria na súa aplicación ás entidades locais.
Antecedentes : Liquidado o orzamento do exercicio 2024, o mesmo non da cumprimento ao obxectivo de estabilidade orzamentaria e da regra de gasto.
Con data 25/06/2025, rex. entrada 2720, a Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro mediante escrito de 23/06/2025en base aso datos da liquidación do orzamento do exercicio 2024 remitidos ao Ministerio de Hacienda en cumprimento do ar. 15.4 da Orde HAP 2105/2012, do 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministración de información previstas na Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira; ao incumprir este Concello o obxectivo de estabilidade orzamentaria e regra de gasto.
A tal efecto o Concello de Ares segundo as previsións do artigo 21 da Lei orgánica 2/2012 deberá tramitar e aprobar un PEF necesariamente para os exercicios 2025 e 2026 independentemente da causas do incumprimento e das medidas que sexa preciso adoptar e o incumprimento dos obxectivos marcados no devandito PEF dará lugar á aplicación do artigo 25.1 se a infracción se produce no primeiro exercicio de vixencia, e dos artigos 21 e 25.1 se a infracción se produce no segundo.

