PRAZA DOS REAIS ALFOLÍES

Praza dos Reais Alfolíes

O predio que aínda ostenta o emblema de El Alfolí, hoxe dedicado a habitación turística, é o resto vivo das vellas instalacións dos Reais Alfolíes en Ares. Os Alfolíes eran unha estrutura comercial e administrativa dependente da coroa, onde se almacenaba e distribuía o sal, e se regulamentaba o seu tráfico, fundamental nas vilas dedicadas á industria da salgadura. O comercio do sal estendíase por boa parte da costa galega, que recibía regularmente os cargamentos procedentes de Cádiz e Torrevieja.

No caso de Ares os Reais Alfolíes situábanse no núcle orixinal da vila, a carón do porto, antes da expansión urbana que se seguiu ás reformas introducidas na industria polos cataláns a partir de principios do século XIX, e que cubriron toda a área abeirada á praia de fábricas e almacéns.

Pero para saber máis terás que escoitar a audioguía que podes atopar aquí:

 

Un de Santiago, unha de Mugardos, e un de Lugo, pasean por Ares. Que nos poderán contar eles que nós non saibamos?