Programa SendAres 2025 – 2026

Comparte este evento

FORMULARIO DE INSCRICIÓN: Ruta 1: Travesía Puerto Las Señales – Maraña / Ruta 2: Travesía Maraña – Acebedo

https://forms.gle/Fa4HKbMPYpKaFSFq7

TEMPADA I: de outono a primavera

Un programa para redescubrir o patrimonio natural dende o sendeirismo

Concellaría de Deportes

Ruta 1: Travesía Puerto Las Señales – Maraña
(27 de setembro) – Prezo 2 rutas: 150 euros
RUTA DOBLE – con desprazamento e pernocta en León

Hora de saída en bus: 05:30 horas.
Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares.
Información técnica: Ruta de 11 km // Desnivel + 494 m // Desnivel – 775 m. Dificultade MEDIA.

Inscricións: ata as 14:00 horas do 10 de agosto na web municipal.
Límite de 25 prazas por orde de inscrición. Implica participar tamén na ruta 2 do SendAres.

Os sendeiristas atravesarán unha das xoias da flora ibérica, o Pinar de Lillo, e percorrerán a arista norte do Pico Lago, coa súa paisaxe de enormes bloques de roca cuarcítica. As vistas no seu cumio protagonizarán a xornada, coa panorámica impresionante de toda a Cordilleira Cantábrica. O descenso rematará xa na vila de Maraña, onde se fará a pernocta.

Ruta 2: Travesía Maraña – Acebedo
(28 de setembro) – Prezo 2 rutas: 150 euros
RUTA DOBLE – con desprazamento e pernocta en León

Hora de chegada a Ares: 20:30 horas.
Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares.
Información técnica: Ruta de 9 km // Desnivel + 272 m // Desnivel – 352 m. Dificultade FÁCIL.

Inscricións: ata as 14:00 horas do 10 de agosto na web municipal.
Límite de 25 prazas por orde de inscrición. Implica participar tamén na ruta 1 do SendAres.

O traxecto deste itinerario transcorre en todo momento aos pés da Cordilleira Cantábrica, coa posibilidade de ver a flora e vexetación típicos dos fondos de val de montaña, amais de achegarse ao Circo de Mampodre, un enclave de interese xeomorfolóxico ao presentar un bo estado de conservación das pegadas glaciais que experimentou.

Ruta 3: Mañón (contorna do Río Sor)
(26 de outubro) – Prezo: 20 euros

Hora de saída: 7:30 horas.
Hora de chegada: 16:00 horas.
Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares.
Información técnica: Ruta de 12 km // Desnivel 400 +/- e dificultade MEDIA.

Inscricións: ata as 14:00 horas do 16 de outubro na web municipal.
Límite de 25 prazas por orde de inscrición.

Dende as Ribeiras do Bispo ata a Fervenza de Augas Caídas, a ruta seguirá o curso do río Sor entre frondosos bosques de ribeira. Un itinerario cheo de molinos antigos, pozas cristalinas e a compañía dunha vexetación exuberante.

Ruta 4: Seixo Banco a Lorbé (Oleiros)
(23 de novembro) – Prezo: 20 euros

Hora de saída: 08:00 horas.
Hora de chegada: 15:00 horas.
Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares.
Información técnica: Ruta de 11,4 km / Desnivel 310 +/- e dificultade MEDIA.

Inscricións: ata as 14:00 horas do 13 de novembro na web municipal.
Límite de 25 prazas por orde de inscrición.

Despregarase ante a vista unha paisaxe de cantís e sendeiros ó carón do mar, dentro do Monumento Natural Dexo-Serantes. Atravesa formacións rocosas como a veta de cuarzo do Seixo Branco e remata no porto de Lorbé, de profunda tradición mariñeira. Un percorrido de gran beleza paisaxística, sobre todo en días soleados.

Ruta 5: Cabo Prior a Doniños (Ferrol)
(21 de decembro) – Prezo: 20 euros

Hora de saída: 08:00 horas.
Hora de chegada: 15:00 horas.
Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares.
Información técnica: Ruta de 15 km // Desnivel 350 +/- e dificultade MEDIA.

Inscricións: ata as 14:00 horas do 11 de decembro na web municipal.
Límite de 25 prazas por orde de inscrición.

A Costa Ártabra, salpicada de antigas baterías militares, protagoniza esta ruta con cantís graníticos e a presenza constante do mar. As vistas mariñas, con columnas rocosas fronte ao Atlántico, fan do itinerario un paseo singular, xunto coa beleza das praias de San Xurxo e Doniños.

Ruta 6: Río Mendo (Oza dos Ríos – Coirós – Betanzos)
(25 de xaneiro) – Prezo: 20 euros

Hora de saída: 08:00 horas.
Hora de chegada: 15:00 horas.
Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares.
Información técnica: Ruta de 9 km // Desnivel 80 +/- e dificultade BAIXA-MEDIA.

Inscricións: ata as 14:00 horas do 15 de xaneiro na web municipal.
Límite de 25 prazas por orde de inscrición.

Tranquilidade, natureza e cultura, con ecos de pontes medievais e lavadoiros históricos, acompañan este itinerario ao carón do Río Mendo. O bosque de ribeira, con ameneiros, freixos e fentos, domina a paisaxe da ruta, feita para desfrutar do curso fluvial sen grandes esforzos grazas a un camiño de lixeiras subidas.

Ruta 7: Río Castro a Forgoselo (Narahío – San Sadurniño)
(22 de febreiro) – Prezo: 20 euros

Hora de saída: 08:00 horas.
Hora de chegada: 15:00 horas.
Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares.
Información técnica: Ruta de 14 km // Desnivel 654 +/- e dificultade MEDIA.

Inscricións: ata as 14:00 horas do 12 de febreiro na web municipal.
Límite de 25 prazas por orde de inscrición.

Dende a fonte de San Roque, o itinerario adéntrase nun estreito cañón fluvial bordeado por bosques atlánticos, pozas e saltos de auga agochados. Ascenderase até a serra de Forgoselo e no seu punto máis alto haberá unha boa panorámica de Ferrolterra e Fragas do Eume. No descenso descrubriranse os vestixios medievais do Castelo de Narahío.

Ruta 8: Garita de Herbeira cara A Miranda (Cedeira – Cariño)
(29 de marzo) – Prezo: 20 euros

Hora de saída: 07:30 horas.
Hora de chegada: 16:00 horas.
Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares.
Información técnica: Ruta de 14 km // Desnivel 600 +/- e dificultade MEDIA.

Inscricións: ata as 14:00 horas do 19 de marzo na web municipal.
Límite de 25 prazas por orde de inscrición.

A Serra da Capelada amosarase cos seus cantís escarpados e pradeiras ventosas ante os sendeiristas. Partirase da emblemática Garita de Herbeira, a 613 m. de altura, e atravesará camiños ata acadar o Miradoiro da Miranda, ideal para contemplar a ría de Ortigueira e Cabo Ortegal. Unha ruta de aire mariñeiro e beleza costeira.

Ruta 9: Contorna de Mondoñedo
(26 de abril) – Prezo: 20 euros

Hora de saída: 07:30 horas.
Hora de chegada: 17:00 horas.
Punto de encontro: Praza da Igrexa de Ares.
Información técnica: Ruta de 12 km // Desnivel 424 +/- e dificultade BAIXA-MEDIA.

Inscricións: ata as 14:00 horas do 16 de abril na web municipal.
Límite de 25 prazas por orde de inscrición.

Un paseo circular que arranca na histórica Fonte Vella, ao carón do casco antigo de Mondoñedo, e avanza cara a aldea de Valiñadares ata chegar á impresionante Fervenza do Salto do Coro. Carballos, castiñeiros e un abano de regatos serán as compañías dos sendeiristas durante o percorrido.

NORMATIVA DO PROGRAMA

As inscricións realizaranse para cada actividade por separado na forma e prazos establecidos. Rematado o prazo, elaborarase un listado de participantes e unha lista de garda que se empregará no caso de que houbera baixas.

Esta programación de sendeirismo pretende propiciar o desenvolvemento da actividade física no medio rural, axudar a establecer formas de vida saudables e promover o coñecemento da nosa contorna dende unha percepción activa.

Está dirixido a calquera persoa maior de 12 anos. No caso de menores de idade, deberá participar sempre baixo a tutela dun adulto responsable, que deberá ser comunicado no momento da inscrición.

Para formalizar a inscrición é preciso acceder á web municipal (www.concellodeares.gal) e premer en SendAres 2025/2026; desta maneira enviarase a solicitude de participación. As solicitudes quedarán rexistradas por orde de inscrición, de cara a confeccionar os listados de cada ruta en base a este criterio.

Unha vez confirmada a praza a cada solicitante, indicarase a forma de pagamento. Cada ruta ten un prezo distinto no que se incluirá servizos de guía, seguros e transporte.

Os desprazamentos serán en microbuses, saíndo e regresando ós puntos establecidos previamente. Por norma xeral, partirase da Praza da Igrexa de Ares.

Cada participante deberá levar a súa mochila cos elementos necesarios para a ruta, sen esquecer o seu avituallamento persoal, amais do calzado e da roupa adecuada á práctica deportiva.

Susbcríbete a máis Eventos

Envíanos o teu correo e manterémoste informado

Pódeche interesar...

Actividades Municipales

Programa SendAres 2025 – 2026

FORMULARIO DE INSCRICIÓN: Ruta 1: Travesía Puerto Las Señales – Maraña / Ruta 2: Travesía Maraña – Acebedo https://forms.gle/Fa4HKbMPYpKaFSFq7 TEMPADA I: de outono a primavera Un

Eventos

FIESTAS DE SAN ROQUE ARES 2025

Viernes 8 de agosto 🦐 FIESTA DEL LANGOSTINO en el Parque Rosalía de Castro(frente al parque infantil)— Desde las 13:00h hasta las 16:00h y desde