RESOLUCIÓN DA ALCALDIA

Alcalde-Presidente Julio Ignacio Iglesias Redondo

Asunto: PROCESO SELECCIÓN OFERTA INEM 12-2026-1818

Efectuada oferta ao Servizo Público de Emprego para a selección dunha praza de Oficial de 1ª do Servizo Municipal de Augas, e recibido o resultado da mesma en data 24/03 /2026 co código de selección 4 da oferta 12-2026-1818.

Esta Alcaldía en uso das súas competencias, e mais concretamente, segundo o establecido na Lei 7/1985 de 2 de Abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e segundo o acordado na Resolución da Alcaldía 2026-0291 de data 24/03/2026,

RESOLVE:

Primeiro.- Aceptar a proposta definitiva de aspirantes, recollida na Acta da Comisión Seleccionadora de data 01/04/2026, para a cobertura da praza Oficial de 1ª Servizo Municipal de Auga, formada por 1 aspirante a praza e 3 reservas ordeados de maior a menor puntuación, quedado o resultado seguinte:

  1. Fernández Castiñeira Verónica co 32*****9R. ASPIRANTE
  2. Otero Iglesias Pedro co 32*****2J. RESERVA
  3. Rodríguez Martínez Antonio co 32*****4Z. RESERVA
  4. Fernández Pereira Nayma co 32*****8W. RESERVA

Segundo.- Elevar a Alcaldía a proposta de contratación da favor da Aspirante “Fernández Castiñeira Verónica co DNI. 32*****9R”, segundo o modelo de contratación aplicable coa lexislación vixente.

Terceiro.- Emprazar a aspirante para que no PRAZO DE 3 DÍAS HÁBILES presente a documentación preceptiva para formalización do correspondente contrato, dada as necesidades do servizo

Así o ordena e dispón o Sra. Alcalde-Presidente, D. Julio Ignacio Iglesias Redondo, en Ares a un de abril de dous mil vinte e seis, do que eu Secretario dou fe.

 

O ALCADE-PRESIDENTE                                                        D.S.M. O SECRETARIO

RESOLUCIÓN DECRETO en pdf