ANUNCIO RESULTADO PRIMEIRO EXERCIZO FASE OPOSICIÓN DO PROCESO SELECTIVO PARA A SELECCIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO PERSOAL FUNCIONARIO QUENDA LIBRE INCLUIDANA OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO DO ANO 2025 DO CONCELLO DE ARES
Sendo as 17:30 horas do dia 9 de xuño do 2026, reúnese na Sala de Comisións do Concello de Ares, o tribunal seleccionador (designado por Resolución da Alcaldía 2026-0506 de data 03/06/2026, publicada no B.O.P nº 105 de data 5 de xuño de 2026) para a selección dunha praza de auxiliar administrativo/a persoal funcionario quenda libre mediante oposición incluida na Oferta Pública de Emprego do ano 2025 do Concello de Ares, Grupo C2, de conformidade coas bases da convocatoria aprobadas pola Xunta Local de Goberno o día 02/03/2026, e publicadas no BOP nº 51 de data 17/03/2026, xunto coa convocatoria efectuada no BOE núm 82 de data 03/04/2026 baixo a presidencia de D. Manuel Larrosa Rodriguez, estando presente a secretaria Mª Concepción Dragó Porta e os vogais:
1º Vogal: Dna Carmen González Tenreiro (a través de medios telemáticos)
2º Vogal: D. Benito José Calvo Castro,
Estando presentes a maioria suficiente para quorum dos membros do Tribunal, por parte da presidencia dase por configurado o mesmo, dando comenzo as actuacións que siguen:
PUNTO PRIMEIRO.- PRIMEIRO EXERCIZO FASE OPOSICIÓN.
Sendo as 17:37 h procédese ao chamamento para realización do «PRIMEIRO EXERCICIO: Coñecemento da lingua galega, aos aspirantes convocados, quedando exentos aqueles aspirantes que teñen acreditado o nivel Celga 3 ou superior, sendo excluídos da oposición quenes non comparezan, salvo causa de forza maior debidamente acreditada e libremente apreciada polo Tribunal.
A proba terá carácter eliminatorio, consistirá nunha proba escrita de traducción ou redacción de duración de 30 minutos e a súa cualificación será de APTO ou NON APTO a efecto da continuidade no proceso de selección do/a aspirante.
Comparece para realización do primeiro exercizo da fase de Oposición: Coñecemento da lingua galega, o seguinte aspirante
***1338 JOAQUIN IGLESIAS CUENCA
Non asiste ***2306 NAYMA FERNANDEZ PEREIRA
Rematado o exercizo e procedendo o Tribunal a súa cualificación, faise público o resultado acadado polos aspirantes ao efecto da súa continuidade no proceso de selección:
***1338 JOAQUIN IGLESIAS CUENCA ΑΡΤΟ
***2306 NAYMA FERNANDEZ PEREIRA NON PRESENTADA, NON APTΑ
O Tribunal acorda ordear a publicação no Taboleiro de Edictos electrónico do Concello e a efectos informativos na web municipal, do resultado do primeiro exercizo da Fase de oposición e convocar a todos os aspirantes admitidos e declarados APTOS no presente exercicio, para a realización do segundo exercizo da fase de oposición para o vindeiro martes 16 de xuño do 2026 ás 17:30 horas, no salón de sesión da Biblioteca Municipal de Ares.
SEGUNDO EXERCICIO: Coñecementos teóricos.
Consistirá na realización dunha proba escrita tipo test de 40 perguntas, sobre o contido do temario anexo á convocatoria (Anexo II).
As preguntas conterán tres posibles respostas das que só unha delas será a máis axeitada.
O tempo máximo de realización do exercizo será de 60 minutos, sendo necesario acadar 20 puntos para superar a proba.
O criterio de valoración será o seguinte:
-
pregunta acertada: 1 punto
-
pregunta errada: Penaliza 0,50 puntos.
-
pregunta non contestada: Penaliza 0,25 puntos
