Este roteiro circular que principia no Petelo, xunto ao Club de Remo de Ares, ofrece un percorrido costeiro para descubrir as calas, illotes, cantís e bosques litorais que forman parte do gran patrimonio natural de Ares. No treito final deste traxecto tamén poderás observar o legado de arquitectura indiana que aínda se conserva no núcleo urbano da localidade.
Datos técnicos:
Distancia: 9,12 km
Dificultade: Moderada
Punto de inicio e fin: O Petelo xunto o Club de remo Ares (Ares)
Patrimonio: Inmaterial, paisaxístico, xeolóxico e biolóxico.