Descubrir as ribeiras desta parte da costa de Cervás é rememorar a vida e costumes de moitos aresáns. Desde o Centro Cultural de Outeiro parte este paseo para todos os públicos. Coñecer detidamente algúns dos puntos das ribeiras onde as xentes do lugar pasaron gran parte dos seus momentos é o seu obxectivo. Pescar, mergullarse, baixar aos cantís, bañarse nas calas de cantos rodados ou buscar cuarzo son recordos que forxan a memoria de moitos veciños deste lugar.
Datos técnicos:
Distancia: 6,7km
Dificultade: Baixa
Punto de inicio e fin: Centro cultural de Outeiro (Chanteiro)
Patrimonio: Inmaterial, paisaxístico, xeolóxico e biolóxico