Entre punta Mourón e a praia do río Sandeo avistábanse antigamente unhas aparatosas estruturas con decenas de redes colgadas a secar. Esta postal costumista derivou en que este lugar fose bautizado co nome de Porto de Redes, na parroquia de Caamouco. Coñecer Redes e parte da súa contorna litoral é coñecer a cultura mariñeira dun pobo entregado ao mar. Actualmente a pesca desapareceu por completo, pero non a memoria do que foi este núcleo mariñeiro.
Datos técnicos:
Distancia: 5,5km
Dificultade: Baixa
Punto de inicio e fin: Aparcadoiro do Club de tenis de Redes
Patrimonio: Inmaterial, paisaxístico, xeolóxico e biolóxico