Este sábado pasado, o Concello e o Club de Remo de Ares renderon homenaxe ós equipos da nosa localidade que acadaron postos destacados nas súas competicións!

Comparte esta nota de prensa

Podes ver embaixo todas as categrías que recibiron o merecido recoñecemento polo esforzo e traballo que hai detrás de cada bo resultado:

  • ALEVÍN FEMININO – Subcampionas galegas na modalidade de bateis
  • CADETE MASCULINO – Terceiro posto a nivel galego e clasificados ao Campeonato de España na modalidade de bateis
  • XUVENIL FEMININO – Terceiro posto a nivel nacional nas Traineiriñas con Ribeira
  • SENIOR FEMININO – Subcampionas galegas e subcampionas de España nas modalidades de traineiriñas e bateis
  • ABSOLUTO MASCULINO – Subcampións galegos e cuartos de España nas modalidades de traineiriñas e bateis

 

En Ares, hai canteira! Parabéns a todos e todas!!

Pódeche interesar