Este sábado pasado, o salón de actos da Alianza Aresana converteuse nun espazo para a celebración e o recoñecemento.

Comparte esta nota de prensa

O alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias, presidiu o acto de homenaxe ós éxitos dos deportistas do Club de Tenis de Redes, gañadores de Campionatos Galegos ao longo de 2022 en múltiples categorías, dende alevíns a junior/cadete ou veteráns.

O rexedor e os membros do seu grupo de goberno entregaron as medallas conmemorativas do evento, as mesmas que lembran os logros dos tenistas nas súas competicións, e achegaron o Libro de Ouro do concello para que os xogadores do Club de Tenis de Redes estamparan as súas sinaturas nel, ficando inmortalizadas para o futuro.

Unha homenaxe que fai xustiza ó esforzo destes orgullos aresáns!! Parabéns!

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,