Nesta ocasión, proxectarase a película “Encanto”, unha produción animada de fantasía musical, creada por Walt Disney Pictures e Walt Disney Animation Studios.

A historia vira ao redor dos Madrigal, unha familia extraordinaria que residen escondidos nas montañas de Colombia, nunha misteriosa casa coñecida como Encanto. Todos os nenos da familia posúen un don especial, desde incribles poderes ata habilidades curativas. Con todo, hai unha persoa sen don: Mirabel. Cando ela descobre que a maxia que protexe a Encanto está en perigo, dáse conta de que a súa singularidade podería ser a clave para salvar á súa extraordinaria familia.

Esta iniciativa é posible grazas á organización da Concellería de Cultura, en colaboración coa Rede Cultural da Deputación. É a segunda de tres proxeccións que levarán a cabo; a última realizarase en agosto.