Fotoprotección sen mitos: claves para coidar a pel na Academia AresXSaúde

Comparte esta nota de prensa

A Academia AresXSaúde sumou esta fin de semana unha nova sesión centrada no coidado da pel e na importancia de protexernos correctamente da exposición ao sol, especialmente coa chegada dos meses de maior intensidade solar.

A charla estivo conducida por Sofía Castro, licenciada en Químicas e profesional vinculada aos laboratorios Avène, quen compartiu coa veciñanza diferentes pautas prácticas para incorporar unha fotoprotección adecuada no día a día. Durante o encontro abordáronse tamén algúns dos mitos máis estendidos arredor da protección solar, explicando que hábitos son realmente efectivos para preservar a saúde da pel.

A sesión, aberta ao público e impulsada en colaboración coa Agrupación Instrutiva de Caamouco, mantivo o carácter participativo propio do programa, permitindo ás persoas asistentes resolver dúbidas e afondar nos aspectos máis relevantes do coidado dermatolóxico.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Día do Cómic 2026 en Ares

Snoopy, Spiderman, algún Pikachu… os máis pequenos e pequenas da vila celebraron nestes últimos días o Día do Cómic 2026 grazas aos obradoiros creativos que