Chegados dende Oriente, arrancarán a súa cabalgata en Redes preto das 16:30 horas e tamén percorrerán os núcleos das parroquias ata recepcionar a pequenos e máis maiores na Alianza Aresana (18:45 h. aproximadamente).
Porén, se a climatoloxía non o permite, acortarase o percorrido da cabalgata, facendo só a visita ás parroquias e logo dirixíndose directamente á recepción na Alianza Aresana.
Colaboran coa Concellaría de Cultura a Sociedade Cultural o Tilo, Protección Civil de Ares e Policía Local.