Hoxe comeza a sexta edición do Ares Indiano!

Comparte esta nota de prensa

Os postos xa foron instalados ao longo do paseo marítimo, os establecementos locen adornados con decoración de época e durante a tarde poderemos gozar das primeiras actividades da programación desta fin de semana.

Toma nota dos eventos para este venres e non dubides en mergullarte na nosa viaxe ao pasado!

  • Ás 19:30 horas, inauguración da exposición “NÓS MESMOS. Asociacionismo galego na emigración”, cedida polo Consello da Cultura Galega, na Alianza Aresana.
  • Ás 20:00 horas, pasarrúas con Os Cantaberneiros en Ares.
  • Ás 21:30 horas, teatro da Cova dos Trasnos coa obra “Tres contos escénicos” na Praza da Constitución.
  • Ás 22:00 horas, novo pasarrúas con Os Cantaberneiros en Ares.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,