Hoxe culmina a terceira e última etapa do programa “Xuventude Verán Activo”.

Comparte esta nota de prensa

Esta iniciativa, impulsada pola Concellería de Deportes, brindou aos mozos e mozas de Ares a oportunidade de participar nunha variedade de actividades que combinan a interacción coas novas tecnoloxías, disciplinas deportivas como o tenis de mesa e actividades acuáticas.

Ao longo de todo o mes de xullo e a primeira quincena de agosto, os mozos e mozas gozaron de experiencias como a pilotaxe de drons e a creación de modelos en 3D, a práctica de voleipraia, o kaiak en Redes, o tenis de mesa, o pádel ou o Jiu jitsu. Ademais, dentro do VeraneAres Deportivo 2023, reservouse un espazo para que os adultos poidan mover os seus corpos ao ritmo de zumba e do baile latino na Praza da Constitución, explorando así o lado máis festivo do exercicio físico.

A continuación, presentámoste unha galería de fotos que mostra as diversas actividades municipais que enriqueceron este verán con movemento e deporte, abarcando a públicos de todas as idades!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado