Unha proposta da Concellaría de Deportes que achegou á mocidade de Ares diferentes actividades a cabalo entre o contacto coas novas tecnoloxías, as disciplinas de raqueta e o mar.
Durante todo o mes de xullo, rapaces e rapazas desfrutaron do manexo de drons e o modelado 3D, o voleipraia, o kaiak en Redes, o tenis de mesa, o padel e ata o fútbol-burbulla! Mais tamén houbo espazo, dentro do VeraneAres Deportivo 2022,para que os máis maiores bailasen baixo ritmos latinos e movesen o corpo coas sesións de zumba na Praza da Constitución.
Aquí embaixo atoparás unha galería de fotos coas actividades municipais que permitiron ter un verán cargado de movemento e deporte para todos os públicos!