I Congreso “Paisajes fortificados de Ferrolterra-Rías Altas: Investigación y puesta en valor” organizado pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol en colaboración coa Deputación da Coruña

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

Durante a xornada de onte, un grupo de creadores de contidos dixitais achegouse ata as baterías de Fuenteseca, Faro, Bailadora e Salgueira coma parte da súa participación no I Congreso “Paisajes fortificados de Ferrolterra-Rías Altas: Investigación y puesta en valor” organizado pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol en colaboración coa Deputación da Coruña.

Lucía Blanco, concelleira de Turismo, recibiu a este grupo de influencers e xornalistas especializados na creación de contidos turísticos e patrimoniais para que coñeceran de primera man a potencialidade das baterías costeiras de Ares.

Na visita participaron Carmen Delia Díaz, do blog Escapalandia; Alberto Ribas, creador de contido en Alvientooo; Leticia Pérez, de Trucos Viajeros; Rafael Pérez e Paula Barreiro, de Viajando el mapa; Alberto Gil e Mónica Rodríguez, de MiniOn Tour; Eva Abel, blogger en Una ida, un viaje; Dani Keral, de Un viaje creativo e Pedro Torrijos, divulgador patrimonial en La Brasa Torrijos, no tocante ós perfís máis activos en redes sociais.

Xunto a eles tamén estiveron Quico Cadaval, dramaturgo e colaborador de RNE con Pepa Fernández, Silvia García coma museóloga e o xornalista e crítico Camilo Franco.

Pódeche interesar