III XORNADAS DE AUTOCOIDADO PARA PROFESIONAIS ALTAMENTE SENSIBLES (PAS)

Comparte este evento

Do 15 ao 17 de outubro de 2026 en Ares (A Coruña)

Lugar: Salón de actos da Biblioteca Municipal de Ares (Alianza Aresana)

Aforo: Máximo 30 persoas

COÑECE AOS PONENTES

PAS inspiradoras que mimarán e rexerarán a túa enerxía sensible:

  • Esencia de Iris (Autora, Podcaster e Nómada)

    “As decisións achégamme a quen son en realidade”

  • Yoli Ferrer (Coach e creadora de espazos de liberdade para quen vive e sinte o mundo de maneira máis profunda)

  • Senén Rodríguez-Carrera (Arquitecto e terapeuta Gestalt)

    “Compaginando o mundo empresarial co acompañamento persoal e grupal”

  • Concha Tejada (Farera para PAS. Encenzo os lumes e desbloqueo talentos)

    “As PAS precisamos terra amable para florecer”

  • Ana Merino (Docente, psicopedagoga e facilitadora humanista en procesos de aprendizaxe e crecemento)

    “Sentir en liberdade”

  • Laura Moreno (Profesora de inglés en reinvención. Xeneradora de espazos de escoita e transformación para profes)

PROGRAMA DAS XORNADAS

· Xoves 15 ·

  • 18:00 – 19:00 | Actividade de entrada libre (Salón de actos da Alianza Aresana / Biblioteca Municipal)

    • Tema: “AUTOCOIDADO & TALENTO: Como cultivar o talento e o benestar das PAS dende a infancia ata a madurez”

    • Mesa Redonda PAS

    • Moderan: Ana Merino e Concha Tejada.

    • Coa colaboración de: Ana Belén Vidal Ramos, Presidenta de AGALAS.

    • Descrición: As persoas altamente sensibles necesitan contornas que recoñezan e potencien os seus talentos naturais. Falaremos sobre a importancia de coñecer a nosa forma natural de aprender, crear, sentir o mundo e achegar. E como este coñecemento pode axudarnos a construír traxectorias educativas, profesionais e vitais máis saudables e satisfactorias. Porque cando unha PAS se sinte vista e recoñecida, isto non só é beneficioso para ela: enriquece tamén ás comunidades das que forma parte.

· Venres 16 ·

Lugar: Salón de actos da Alianza Aresana (Biblioteca Municipal)

Mañá (09:30 a 13:30)

  • 09:30 – 10:00 | Apertura de portas e entrega de acreditacións & kit de benvida.

  • 10:00 – 10:15 | Inauguración por Alma Barrón, Concelleira de Cultura, Deportes, Mobilidade e Patrimonio de Ares.

  • 10:15 – 10:30 | Concha Tejada — Introdución: Os dous novos pilares da alta sensibilidade.

  • 10:30 – 11:10 | Yoli Ferrer — Charla: Por que me empeño en vivir coma se NON fose PAS?

  • 11:10 – 11:50 | Pausa para o café (Podes tomar un respiro, unha infusión, unha froita ou un tentempé e visitar a MESA DE MESTRAS con libros, arte e produtos especialmente deseñados para PAS. Aproveita tamén para crear lazos con outras persoas altamente sensibles).

  • 11:50 – 12:30 | Iris (Esencia de Iris) — Charla: “Caos, orde e alta sensibilidade”.

  • 12:30 – 12:45 | Pausa – Mesa de mostras.

  • 12:45 – 13:25 | Senén Rodríguez-Carrera — Charla: “A sensibilidade masculina nun mundo que nos pide dureza”.

  • 13:30 – 16:30 | Pausa para xantar e descansar.

Tarde (16:30 a 19:15)

  • 16:30 – 17:15 | Obradoiro con Ana MerinoDende a infancia ao adulto san: o papel das fortalezas na construción do autocoidado PAS.

  • 17:15 – 17:30 | Descanso / Mesa de mostras.

  • 17:30 – 18:10 | Laura Moreno — Charla: PROFESORES ALTAMENTE SENSIBLES: Identidade e autoconcepto.

  • 18:10 – 18:25 | Descanso / Mesa de mostras.

  • 18:25 – 19:05 | Concha Tejada — Charla: Integra o trazo na túa vida. As 6 portas que unha PAS necesita abrir para florecer.

  • 19:15 | Peche da xornada de charlas.

· Sábado 17 ·

  • 10:00 – 12:00 | Excursión a pé polo Camiño da costa dos acantilados de Ares.

  • 12:00 – 13:00 | Aperitivo galego no BOCARTE (MERCADO ARESANO).

    Aperitivo con aforo limitado. Esta experiencia está reservada ás ponentes e ás primeiras persoas que conten a súa inscrición ás xornadas.

COLABORAN:

  • Concello de Ares

  • AGALAS (Asociación de Gallegos Altamente Sensibles)

  • Bocarte Gastrobar (Mercado Municipal de Ares)

PROGRAMA en pdf

Pódeche interesar...

Eventos

IX HOMENAXE MUSICAL GILDO ILLOBRE

Data e Lugar Domingo 13 de setembro Hora: 19:00 h. Lugar: Igrexa San Xosé de Ares Actúan Coral Polifónica Costumes de Bergondo Rondalla Mugardesa Trovadores