Información de recollida de lixo e reciclaxe

INFORMACIÓN DE RECOLLIDA DE LIXO E VOLUMINOSOS

A recollida do lixo en toda a contorna municipal de Ares realízase de maneira diaria, xestionada pola Concellería de Obras e Servizos Municipais.

A maiores deste servizo, tamén se contempla o tratamento dos enseres voluminosos, que deben depositarse nos puntos de recollida establecidos e delimitados o día anterior ao terceiro mércores de cada mes. Desta maneira, preténdese garantir unha recollida óptima de obxectos ou outros elementos que esixen unha actuación máis específica.

INFORMACIÓN DE RECICLAXE

A reciclaxe implica a coordinación e xestión de todo un proceso centrado na reconversión de residuos en novos produtos útiles.

Nese sentido, a recolección dos elementos reciclables na contorna municipal é clave para iniciar e soster no tempo a actividade, limpando e preparando despois os artigos para a súa reutilización e aproveitamento.

Desta maneira, o Concello tamén puxo ao dispor dos veciños e veciñas múltiples puntos que permiten unha correcta xestión e categorización dos produtos refugados:

  1. Edificio “Concello de Ares” (Av. Saavedra Meneses, n.º 12) 

Papel, pilas, cartuchos e tóner de impresoras e teléfonos móbiles.

  1. Edificio “Alianza Aresana” (Calle María, n.º 11) 

Papel, cartuchos e tóner de impresoras, teléfonos móbiles e aceite doméstico.

  1. Aula informática (Av. Mazote, n.º 3) 

Papel, cartuchos e tóner de impresoras e teléfonos móbiles.

  1. Colegio Conde de Fenosa (Celso Emilio Ferreiro, s/n) 

Papel, cartuchos e tóner de impresoras e teléfonos móbiles.

  1. Edificio Centro Cultural Outeiro (Chanteiro, n.º 46) 

Papel, cartuchos e tóner de impresoras, teléfonos móbiles e aceite doméstico.

  1. Edificio Centro Instructivo y Recreativo de Cervás (Calle de la Iglesia, n.º 22) 

Papel, cartuchos e tóner de impresoras, teléfonos móbiles e aceite doméstico.