Se desexas formarte para mellorar o posicionamento dixital do teu negocio ou aprender máis sobre novas tecnoloxías e non sabes como facelo, podes aproveitar os obradoiros que promove o Concello no marco do programa Rural Tic.

Trátanse de pequenos cursos totalmente de balde para axudar a desenvolverse na rede tanto á veciñanza como ao tecido empresarial e que se centralizarán na Casa da Xuventude de Ares dende o luns, 15 de abril, até o venres, 26. Haberá un horario para cidadanía (de 17:30 a 19:00 horas) e outro para os negocios locais (de 19:30 a 21:00 h.).

O Concello habilitou unha inscrición previa para a iniciativa, poidendo tramitala telematicamente enchendo os formularios que se atopan na páxina web municipal ou presencialmente na Casa da Xuventude.

Podes consultar toda a oferta de obradoiros en: https://concellodeares.gal/o-concello-lanza-8-obradoiros-para-vecinanza-e-6-para-comercios-locais-centrados-na-dixitalizacion/

FORMULARIO DE INSCRICIÓN VECIÑANZA: https://forms.gle/cDi8hFHzaBrUsrX3A

FORMULARIO DE INSCRICIÓN EMPRESARIOS/AS: https://forms.gle/tGJPPN6Wd128wzeFA