O Concello de Ares vén de informar da próxima posta en marcha da formación con certificado de pofesionalidade “Xestión de residuos urbanos e industriais” por parte da Deputación da Coruña dentro do seu Plan de Emprego Local (PEL). Trátase dun curso de máis de 500 horas teórico-prácticas ao que se poderán sumar as persoas empadroadas en Ares e que se impartirá en Narón a partir de marzo, baixo un horario de mañá (9:00 a 14:00 h.).

En termos de documentación e requisitos, amais de estar empadroado en Ares (ou outro concello con menos de 50.000 habitantes), tamén se requerirá estar dado/a de alta como demandante de emprego e achegar:

  • Fotocopia do DNI.
  • O certificado de empadronamento.
  • O certificado de estudos que habilite para cursar a formación de nivel 2 (estudos da ESO, 2º de BUP, FP-1…).
  • A tarxeta de demandante de emprego (DARDE).

A maiores da titulación oficial do propio curso, mediante a formación complementaria as persoas participantes obterán o certificado en Prevención de Riscos Laborais básico, o Curso para a obtención do carnet de carretillero e o Curso para a consecución do carnet de Ponte Grúa.

Se estás interesado/a, lembra que o prazo de inscrición xa está aberto e que o Departamento de Axentes de Desenvolvemento Local (ADL) do Concello de Ares tramitará a túa solicitude. Alí tamén poderás resolver as túas dúbidas.  Achégate ata o terceiro andar da casa consistorial para falar con eles!