O presente informe redáctase a petición da Concellería de Turismo, Emprendemento, Patrimonio e Mobilidade do Concello de Ares. O alcance e contidos do presente traballo foron concretados durante o mes de abril de 2022, seleccionando a opción 1 entre tres alternativas propostas, opción consistente na elaboración dun listado valorado e comentado de aves presentes no concello de Ares na base da recopilación bibliográfica e documental.

Esta alternativa desenvólvese mediante a elaboración dun listado de aves silvestres presentes en Ares, cos seus nomes científico, galego e castelán, no cal se indica se a súa presenza foi confirmada ou é posible; se especifica o seu estatus local (sedentaria, estival, invernante, só nos pasos migratorios, ocasional); e se identifican as especies de maior relevancia tanto desde o punto de vista técnico (Libro Rojo de las Aves de España, segundo a súa categoría de ameaza) como da súa catalogación legal: Directiva 2009/147/CE de 30 de novembro de 2009, relativa á conservación das aves silvestres; e catálogos español (RD 139/2011) e galego (Decreto 88/2007) de especies ameazadas, incluíndo as súas respectivas actualizacións.

Inventario_e_valoracion_da_avigfauna_do_concello_de_Ares en pdf

Realización:
ARCEA Xestión de Recursos Naturais S.L.
Redacción:
Jorge Mouriño Lourido. Biólogo (colexiado nº 19234-X)