‘La Oculta’, a novela de Héctor Abad Faciolince, protagoniza a última sesión do Club de lectura municipal

Comparte esta nota de prensa

Nestes días reuníronse de novo as integrantes do club de lectura do Concello na Biblioteca Municipal de Ares para compartir impresións arredor de La Oculta (Alfaguara, 2015), unha novela polifónica do colombiano Héctor Abad Faciolince para pensar a relación co territorio, a memoria e as raíces.

Así, compartiron as súas impresións e pareceres sobre unha historia contemporánea que traslada ó lector até a finca La Oculta, situada nas montañas de Antioquia (Colombia). Alí, tres irmáns son os últimos herdeiros desa propiedade familiar que foi o centro vital de varias xeracións, conformándose como un espazo de memoria e un símbolo de arraigamento. E será precisamente ese lugar o que se verá posto en perigo ante a violencia e as presións económicas ou especulativas.

A novela de Faciolince, composta a tres voces, reflexiona abertamente arredor da relevancia do territorio como construtor de identidade, facendo da paisaxe unha protagonista máis da trama.

 

Pódeche interesar