Lara Pita Pena, un orgullo aresán no ciclismo

Comparte esta nota de prensa

Nesta primeira quincena de xullo, recibimos en Ares unha boa nova: a nosa veciña Lara Pita Pena vén de representar a Galicia no Campionato de España de BTT na categoría de Cadete.

Lara Pita superou os 11 quilómetros de percorrido pola contorna de Avilés no marco desta competición oficial da Real Federación Española de Ciclismo, acadando ademais o 9º posto na clasificación a nivel nacional. O Concello desexa trasladarlle os seus parabéns polo resultado, o seu esforzo e talento, mais tamén por representar así ao territorio galego.

Sen dúbida, un #OrgulloAresán con moito por chegar no futuro!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado