Despois de realizar paradas en Barracido e Cervás, esta semana estará dispoñible no Mazote, para logo desprazarse a Mariña do Pombal. Non esquezas que podes depositar nel os seguintes residuos domésticos:

  • Pilas e baterías.
  • Lámpadas e tubos fluorescentes.
  • Aceites minerais.
  • Aceites vexetais.
  • Pequenos electrodomésticos.
  • Roupa e calzado.

Aproveita a oportunidade para desfacerte do que non necesitas e así garantir un tratamento adecuado. Contribúe ao coidado do medio ambiente!