A Concellaría de Cultura e Hércules de Edicións son os impulsores deste certame, cuxo propósito é destacar, desde novas perspectivas, a migración galega, principalmente de alén mar, aínda que poida facer referencia a calquera parte do mundo. Aínda que o fenómeno migratorio non ten que ser o eixo central da novela, si debe formar parte da trama ou a vida dalgún dos personaxes.

Se contas cunha obra que oscila entre 80.000 e 140.000 caracteres, incluíndo espazos, anímate a participar no concurso. O premio, valorado en 2.000 euros, será outorgado en pago único e indivisible, e o manuscrito gañador será publicado no catálogo de Hércules de Edicións.

Bótalle unha ollada ás bases completas nesta ligazón: https://concellodeares.gal/segundo-edicion-do-premio-novela-curta-alen-concello-de-ares-2023/