Lembra que ata o 31 de agosto podes visitar as dúas exposicións que se inauguraron durante o Ares Indiano!

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email
“Inventio Mundi”, cedida polo Consello da Cultura Galega, atópase na Agrupación Instrutiva de Caamouco e é unha homenaxe aos navegantes galegos que participaron nos inicios das viaxes transoceánicas. Achégate a ela de luns a xoves, de 10:30 a 12:00 horas.

“Retratos de familia” de Delfín Vázquez está dispoñible na Alianza Aresana, de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. A mostra está composta por unha colección de retratos de mulleres e nenos feitos por Delfín durante o século XX, moitos deles sacados para enviar ós migrantes aresáns alén do mar.

Non quedes sen botarlles unha ollada!

Pódeche interesar