Lembra que durante todo este tempo a recepción de manuscritos para o “I Premio Novela Curta Alén Concello de Ares” segue activa!

Comparte esta nota de prensa

A iniciativa aceptará textos literarios ata o 15 de maio, así que aproveita para preparar a túa novela e sumarte á convocatoria.

A Concellaría de Cultura e Hércules de Ediciones promoven o certame para poñer en valor, dende novas perspectivas, a propia migración galega, preferentemente de alén mar, aínda que poida referirse a calquera outra do mundo. O fenómeno migratorio non terá que ser o eixo principal da novela, pero si deberá formar parte da trama ou da vida dalgunha das personaxes.

Se tes unha obra cunha extensión de entre 80.000 a 140.000 caracteres con espazos, anímate a participar no concurso. O premio está valorado en 2.000 euros, en pago único e indivisible, e o manuscrito gañador será publicado dentro do catálogo de Hércules de Ediciones.

Bota unha ollada con calma ás BASES COMPLETAS nesta ligazón: https://concellodeares.gal/bases-i-edicion-do-premio-de-novela-curta-alen-concello-de-ares/

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,