Será a partir das 18:00 horas, no paseo marítimo da localidade.

Un total de dezaseis escritores estarán presentes no evento, repartidos en dúas quendas, listos para asinar as súas obras e compartir as súas historias co público.

O proxecto está impulsado pola Asociación Galega de Escritores, coa colaboración da Concellaría de Cultura de Ares. Desde a organización lémbrase que a iniciativa contará co respaldo das librarías Nin Idea de Ares e Leixapren de Mugardos, que actuarán como puntos de venda na cita.

Anímate a participar e non perdas esta oportunidade de mergullarte no mundo da literatura e achegarte ao traballo de autores locais e independentes!