Memoria familiar, mitoloxía e suspense: Rober Cagiao presentou en Ares a súa nova novela ‘A Dama de Anboto’

Comparte esta nota de prensa

Este venres pasado, o escritor de Bañobre (Miño) Rober Cagiao achegouse ata a vila para conversar co público arredor da súa nova obra, A Dama de Anboto, acompañado polo xornalista e escritor Pablo J. Rañales, e publicada tanto en galego (Calacán Editora) como castelán (VR Ediciones).

Durante o encontro, a veciñanza mergullouse nas circunstancias creativas desta novela que combina mitoloxía vasca, segredos familiares e un ritmo de thriller, ambientado entre Galicia e o País Vasco, onde as desaparicións e a sombra do monte Anboto marcan unha historia chea de intrigas, con saltos temporais e unha revisión de temáticas como a corrupción das figuras de autoridade ou a dor das ausencias.

Organizada pola Concellaría de Cultura e coa asistencia da edila Alma Barrón, a cita serviu tamén para coñecer o proceso creativo dun autor que xa suma quince novelas publicadas e que se atopa consolidado dentro do xénero da novela negra galega. 

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

O SendAres explora a beleza natural do río Sor

O programa municipal de sendeirismo SendAres 25-26 levou aos seus participantes ata o concello de Mañón para descubrir un dos enclaves máis fermosos e salvaxes do