Minions, dráculas, meigas, algúns animais salvaxes e ata superheroes deixáronse ver onte na Praza da Constitucion de Ares!!

Comparte esta nota de prensa

A vila celebrou o Entroido 2024 con boa música, con moito doce e gozando dos minikarts, os obradoiros de maquillaxe e antifaces ou os inchables.

Pequenos e maiores sumáronse á programación municipal, en colaboración coa Sociedade Cultural O Tilo, Protección Civil e o Grupo de Gaitas Aresán, e remataron a xornada coa tradicional queima do entroido na praia urbana.

Aquí tedes unha selección das estampas que nos deixou o día de onte. Con ela despedimos a festa!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.