‘Mugardos, lugar dos silencios’, un exercicio de memoria a través do xénero documental

Comparte esta nota de prensa

A Alianza Aresana acolleu onte a proxección do documental dirixido por Vera Varela, ‘Mugardos, lugar dos silencios’, unha peza audiovisual que narra o acontecido durante a dictadura franquista na vila mugardesa e os seus arredores, no marco do acto programado pola Concellaría de Cultura de Ares.

A curtametraxe sacou á luz a represión vivida naquel período  –as persecucións, os encarceramentos arbitrarios e sen xustificación real, os asaltos ás casas, as torturas—grazas aos testemuños de dúas mulleres: Loli Vázquez Anido e Pilar Iglesias. Elas, que sufriron de preto e nas súas familias a represión franquista, son as encargadas de relatar, dende a experiencia íntima e persoal, o que durante moito tempo permaneceu oculto. Todas esas dores.

A veciñanza somerxeuse nun exercicio de memoria histórica compartida, mirando o pasado da contorna máis próxima para entender e, sobre todo, recordar coma un acto de xustiza.

Grazas por encher o salón de actos!

 

Pódeche interesar