Na mañá de hoxe, levouse a cabo a presentación da nova varredora destinada á área municipal de Servizos.

Comparte esta nota de prensa

Este moderno equipo foi entregado por Celtaprix, a concesionaria do servizo de recollida de lixos e limpeza viaria, ao grupo de goberno municipal, nun acto que tivo lugar esta mañá  fronte ao Consistorio.

A entrega contou coa presenza do responsable municipal de Servizos, José Juan Vilar, quen estivo acompañado polos concelleiros do equipo de goberno. O edil de Servizos salientou a importancia deste novo vehículo, resaltando que a implementación desta maquinaria supoñerá unha optimización substancial do servizo de limpeza viaria. “Trátase dun vehículo de maior capacidade e prestacións, cuxo tamaño e potencia permitirán ofrecer un servizo eficiente tanto nas actividades diarias como en eventos de maior envergadura”.

O concelleiro Vilar tamén destacou que a posta en marcha desta varredora será inmediata, estando operativa a partir de mañá mesmo.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,