Na última reunión do Club de Lectura Municipal, as participantes romperon coa rutina ao deixar a biblioteca e ir ao porto de Ares para gozar dunha merenda xunto ao mar.

Comparte esta nota de prensa

En vez de analizar un libro concreto, a Concellaría de Cultura sorprendeu ao regalarlles “A Madriña” de Nones Araújo, gañadora do I Certame de Novela Curta Alén Concello de Ares, que destaca historias da migración. Unha temática que encaixa co espírito do Ares Indiano, o evento que non só celebra a memoria da migración, senón que tamén convida a escribir novos capítulos na historia local.

Agardamos que disfruten da obra!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.