Na xornada deste sábado pasado, Ares acolleu unha numerosa andaina promovida polos centros de Serviocio Complexo Acuático Do Castro Ares-Mugardos, Piscina Serviocio Pontedeume e BeOne Fitness & Sport

Comparte esta nota de prensa

As tres entidades deportivas decidiron desfrutar das vistas, da paisaxe e das rutas de sendeirismo que hai no noso territorio!

Así, saíron dende o Porto para percorrer o litoral aresán ata chegar ao Castro de Santa Mariña, aproveitando os camiños que forman parte dun dos itinerarios municipais para a práctica sendeirista. As Mirandas, os espectulares miradoiros, a boa climatoloxía… todo iso axudou a gozar da iniciativa!

Se aínda non coñeces que rutas de sendeirismo existen no noso concello, visita o perfil municipal de Wikiloc e descubre todo o patrimonio natural de Ares!! https://es.wikiloc.com/wikiloc/user.do?id=7812510

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,