O 17 de maio é un día importante para os galegos e galegas, xa que se celebra o Día das Letras Galegas, unha festa dedicada a poñer en valor a obra dos nosos grandes escritores e escritoras

Comparte esta nota de prensa

Na edición de 2023, o homenaxeado é Francisco Fernández del Riego, escritor de Vilanova de Lourenzá, cuxa ampla obra literaria inclúe máis de 150 monografías, prólogos, traducións e achegas xornalísticas.

Neste contexto, Ares acollerá un concerto para conmemorar esta data tan significativa e rendir tributo ao autor. O espectáculo correrá a cargo da Rondalla Trovadores de Ares, e terá lugar o mesmo día 17 de maio no Casino Aresano, a partir das 19.00 horas. A entrada é totalmente gratuíta e aberta ao público en xeral.

Poderás celebrar o 17 de maio asistindo a esta proposta musical e gozando coa calidade da Rondalla Trovadores!

Pódeche interesar

Notas de prensa

25N: Ares contra a violencia de xénero

O Concello de Ares súmase nestes días ás reivindicacións do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, para rexeitar a

Notas de prensa

E a vila celebrou o Día do Músico!

O Casino Aresano vibrou onte coas actuacións das Rondallas Trovadores de Ares e Lucero del Alba de Neda, no marco da proposta deseñada pola Concellaría