O Cantaxoga de Migallas Teatro encheu o salón de actos da Alianza Aresana de diversión e trasfega! Crianzas e pais e nais gozaron da actuación de teatro e música para dar a benvida ao novo ano do mellor xeito: con cultura e gargalladas.
María Campos e Carlos Yus interpretaron na tarde de onte unh bo abano de cancións, animando ao público a participar nelas, mais tamén realizaron sketchs cómicos vencellados cos contidos das composicións musicais.
Unha forma de amosar toda a riqueza estilística que ten cabida, ademais da música tradicional, na cultura galega.