Xunto aos representantes aresáns, estiveron tamén cargos de Fene, San Sadurniño, Miño e Mugardos, todos eles concellos involucrados coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharahuí (SOGAPS), amais das familias acolledoras.
O acollemento materializouse baixo o marco do programa “Vacacións en Paz”, que regresou no 2022 tras o parón de dous anos por mor da pandemia e que expón o vencello entre Ares e o campamento de refuxiados de Tindouf, en Alxeria.
Este acto de despedida, no que cada concello aportou o seu propio agasallo ós nenos e nenas, realizouse na casa consistorial de Fene.