O alumnado de 2º da ESO do CPI AS Mirandas, premiado no IV Concurso de Ciberseguridade no Cole

Comparte esta nota de prensa

Boas novas para a comunidade educativa do CPI As Mirandas: os alumnos e alumnas do segundo curso da ESO resultaron gañadores da IV Edición de Ciberseguridade no cole!, xunto co estudantado do IES Valle-Inclán de Pontevedra e o IES Rosais II de Vigo.

No concurso que veñen de gañar participaron preto de 7.500 alumnos de toda Galicia, pertencentes a 270 clases de 121 colexios, certificando o incremento sostido da participación nos últimos catro anos. O certame da Xunta de Galicia busca fomentar a concienciación no ámbito educativo e facilitar que os escolares adquiran os coñecementos e ferramentas necesarias para facer fronte aos riscos que entraña o uso das novas tecnoloxías.

Á entrega dos premios neste comezo de mes acudiu o alumnado do CPI As Mirandas gañador, acompañado do seu profesorado. Parabéns a todos eles polo seu traballo!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado