Ares entrega máis de 3.000 kg de material doado polo Concello en nome de toda a veciñanza

Comparte esta nota de prensa

Nestas últimas horas, os axentes da Policía Local de Ares, xunto con outros compañeiros e compañeiras dos corpos de Mugardos, Santiago, Coruña, Pontedeume, Miño, Ribadeo, Mos, Ponteareas e Protección Civil de Cedeira, formalizaron a entrega das doazóns destes municipios na súa viaxe a Sedaví, en Valencia.

No caso da nosa localidade, repartíronse máis de 3.000 kg de material doado polo Concello, principalmente material de limpeza, protección individual e hixiene persoal, como mostra de solidaridade de toda a veciñanza aresá, sempre en actitude de axuda e colaboración coas persoas e situacións máis desfavorecidas.

O alcalde, Julio Ignacio Iglesias Redondo, agradeceu a labor e involucración da Policía Local de Ares na expedición deste fin de semana, que alongou o percorrido inicial unha xornada máis para axudar nas tarefas de reparto de material e apoio ás persoas afectadas pola DANA.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado