O aparcadoiro próximo á Reitoral estrea nova losa céspede, luminarias e un punto de carga de vehículos eléctricos

Comparte esta nota de prensa

A intervención de mellora e adecuación, cun investimento próximo aos 60.000 euros asumidos entre os fondos municipais e a Xunta, deixan unha área de estacionamento con preto de 50 prazas.

A Concellaría de Urbanismo dirixida por Olimpia Marcos vén de anunciar da finalización das obras que se estaban a realizar no aparcadoiro anexo a Cortiñas Gil e á rúa Reitoral, consolidado coma un dos principais espazos públicos para o estacionamento de vehículos do núcleo urbano de Ares.

Os traballos centráronse na reforma e adecuación da infraestrutura existente, mellorando o seu estado xeral. Substituíse a zahorra compactada de cada praza —con facilidade para desgastarse ante as manobras de coches e inclemencias metereolóxicas— por losa céspede, mais tamén se colocaron novas luminarias de tipoloxía LED. Á entrada, tamén se instalou unha unidade de carga de vehículos eléctricos (este elemento foi retirado transitoriamente estes días e o luns procederase á súa instalación definitiva). Tras esta actuación, o aparcadoiro conta cunhas 50 prazas de estacionamento.

As obras supuxeron un investimento de 59.012,29 euros para a localidade, asumidos entre Turismo de Galicia, o organismo pertencente á Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta, e os propios fondos do Concello de Ares.

Pódeche interesar