O bingo solidario de Ares recauda uns 460 euros a favor da Asociación Española Contra el Cáncer

Comparte esta nota de prensa

A Alianza Aresana acolleu onte o bingo organizado pola Concellaría de Cultura para apoiar economicamente á AECC, A Asociación Española contra o Cancro, que ten a súa propia delegación en Ares.

A iniciativa era bo motivo non só para amosar a solidariedade da veciñanza, senón tamén pasalo ben e botar algunhas risas nunha actividade que obtivo 462,50 euros, uns fondos que se ingresarán na conta da AECC.

Así se transformou o espazo da biblioteca municipal de Ares para materializar o evento!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

A Academia AresXSaúde tamén está na rede!

Se non puideches asistir a algunha das sesións da Academia AresXSaúde ou estás interesado en temáticas vencelladas coa saúde, xa podes ver no Youtube institucional

Notas de prensa

Últimos días do MercAres 2025-2026!

A última campaña de consumo de proximidade do Concello rematará este sábado, 31 de xaneiro! Grazas a ela, nos últimos dous meses a institución local