Dende este mes de outubro, os profesionais de enfermería promoverán cada mes unha conferencia de temática sanitaria para axudar na divulgación do coñecemento.
A primeira delas realizarase o mércores, 19 de outubro ás 13:00 horas na sala de Educación Maternal do Centro de Saúde (2ª planta), impartida pola enfermeira Laura Piñeiro García sobre Alimentación Complementaria en Pediatría.

Notas de prensa
O Concello de Ares organiza unha nova Xornada sobre Violencia de Xénero o vindeiro 3 de decembro
A cita terá lugar o xoves 3 de decembro, a partir das 09:30 horas, cun programa completo de relatorios, mesas de experiencias e unha conferencia
