O Concello anunciou a licitación da obra de mellora dos vestiarios do Campo de Fútbol de Prados Vellos, co obxectivo de incrementar a súa eficiencia enerxética.

Comparte esta nota de prensa

Cun investimento de 195.000 euros, esta actuación busca intervir no edificio de vestiarios para mellorar tanto a eficiencia enerxética da súa estrutura como das súas instalacións.

O proxecto será levado a cabo mediante unha subvención solicitada ao Fondo de Cooperación Local da Xunta, así como con fondos municipais.

As melloras incluirán diversas accións, como a substitución da actual cuberta de fibrocemento por paneis sándwich de aceiro lacado con illamento térmico, o revestimento das fachadas cun sistema SATE con acabado hidrofugante e illante, e a substitución das xanelas e portas actuais por outras con mellores características de illamento térmico.

Adicionalmente, instalarase unha batería de paneis solares térmicos e un intercambiador de auga quente sanitaria cunha achega do 60%.

Estas medidas permitirán modernizar e optimizar o Campo de Fútbol de Prados Vellos, proporcionando unhas instalacións deportivas enerxéticamente eficientes e adecuadas.

O proxecto xa foi publicado na Plataforma de Contratación do Sector Público, e as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 5 de xullo.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado