En canto á Oficina de Información Turística, estará pechada desde o vindeiro venres 18 de agosto ata o luns 21, ambos os días inclusive. Con todo, durante toda a fin de semana, as profesionais encargadas de brindar información turística estarán dispoñibles para atender aos visitantes no stand municipal situada na Avda. Saavedra Meneses, número 16. Os horarios de atención serán os seguintes:

  • Venres 18: de 18:30 a 21:00 horas.
  • Sábado 19 e Domingo 20: De 11:30 a 14:00 horas e de 18:30 a 21:00 horas.

É importante destacar que durante este período non será posible utilizar o teléfono para realizar chamadas nin realizar o alugueiro de bicicletas.

En relación á biblioteca municipal, esta permanecerá pechada durante os días xoves 17, venres 18 e luns 21 debido a cuestións organizativas relacionadas co evento Ares Indiano.

Agradecemos a vosa comprensión.