O Concello conclúe a penúltima ruta do SendAres

Comparte esta nota de prensa

A beleza de Mondoñedo foi a protagonista do percorrido que realizaron onte os participantes na ruta do SendAres 2023-2024, o programa municipal de sendeirismo da Concellaría de Deportes.

A paisaxe verde e os camiños para adentrarse no val do Río Valiñadares acompañaron aos 25 sendeiristas na súa exploración do patrimonio natural galego e dun lugar singular: a Cova do Rei Cintolo, unha das xoias xeolóxicas de Galicia polo seu tamaño (7.000 metros de galerías nunha estrutura laberíntica) e o forte protagonismo da auga na súa morfoloxía.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares lembra a figura e o legado de Bello Piñeiro

Compartimos algunhas imaxes do relatorio celebrado na Casa Rectoral de Ares, con motivo do 140 aniversario do nacemento do artista.  O encontro contou coa participación