Este venres, 26 de abril  poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares!

Se estás interesado en facelo, aínda estás a tempo de concertar a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou a través do teléfono 981 448 057 no horario de apertura da biblioteca.

Lembra que podes realizar a renovación do DNI ata 6 meses antes da data de caducidade.